Cargando resultados...
Ferida grave unha muller de 77 anos tras ser atropelada nun paso de peóns en Cangas
Foi atendida inicialmente por un técnico de emerxencias fóra de servizo e posteriormente trasladárona ao hospital nunha ambulancia medicalizada
G24.gal
04/04/2022 15:12
Cruzaba un paso de peóns canda o seu fillo cando foi atropelda por un vehículo. O sinistro tivo lugar ás 9 e media da mañá nunha zona da avenida de Lugo. Segundo fontes de Protección Civil, a muller foi desprazada varios metros sobre o capó do coche e quedou insconsciente.
Foi atendida inicialmente por un técnico de emerxencias fóra de servizo e posteriormente trasladárona ao hospital nunha ambulancia medicalizada. Case á mesma hora, en Ourense, outro home octoxenario era atropelado na Avenida Bos Aires, sendo tamén trasladado ao hospital.