Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida ao caerlle un anaco de balcón mentres vía unha procesión en Santiago

Ferida ao caerlle un anaco de balcón mentres vía unha procesión en Santiago

A Policía Local revisou a estrutura e descartou que se poidan producir máis desprendementos

G24.gal 16/04/2022 12:50

Unha muller precisou asistencia sanitaria nun centro médico tras caerlle na cabeza un anaco de madeira do balcón dunha casa na zona vella de Santiago.

Sucedeu este venres pola noite na rúa das Casas Reais, mentres a ferida vía unha procesión da Semana Santa.

A Policía Local comprobou a solaina da vivenda e descartou que houbese risco de se produciren máis desprendementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade