Cargando resultados...
Félix Alonso pide "igualar a intensidade física" do Palencia para ter opcións de vitoria
Mañá veremos o Palencia-Obradoiro na G2 e en AGalega.gal
Foto Obradoiro
G24.gal
22/05/2025 12:34
Última actualización 22/05/2025 12:43
Mañá veremos na G2 e en AGalega.gal, o Monbus Obradoiro en Palencia. Terceiro partido da eliminatoria que conduce á final a catro para ascender á Liga ACB. Todo está igualado. Un triunfo para cada equipo. Os próximos dous encontros serán en Palencia, venres e domingo.
Un quinto partido traería a batalla ao Sar. Félix Alonso lembra o que hai que facer para gañar en Palencia: igualar a intensidade física, non chega con cuestións tácticas.
"Se non es quen de igualar a parte física, dá igual o táctico".
"Temos que ser máis duros, máis intensos, temos que chocar máis".
Álex Galán está indisposto por mor dunha gastroenterite.