Cargando resultados...
A feira Lucus in vino veritas reúne adegueiros de toda a península
A mostra ten lugar no adro da catedral de Lugo
Está aberta a profesionais e particulares
G24.gal
21/05/2022 14:41
Última actualización 21/05/2022 14:54
Cita na cidade de Lugo cos viños. Vinte e tres adegueiros de toda a península amosan os seus caldos na feira Lucus in vino veritas, que significa, "no viño está a verdade".
A mostra celébrase no adro da catedral e está aberta a profesionais e particulares. Ata as dez da noite hai catas e demostracións culinarias que xa se están a converter nunha referencia neste eido.