Publicador de contidos

500 mozos e mozas citáronse no Palexco da Coruña na busca de emprego

500 mozos e mozas citáronse no Palexco da Coruña na busca de emprego

Unha oportunidade para a empregabilidade dos máis novos con orientación personalizada

Participaron 60 empresas de diferentes sectores produtivos

G24.gal 30/11/2021 14:27

"Buscamos tanto perfís de oficina técnica como carpinteiros, soldadores, electricistas. Estamos abertos a incrementar o cadro de persoal e temos varias vacantes por cubrir", explica Brais Fernández, técnico de RRHH.

Dun lado as empresas e doutro os demandantes de emprego.

"Vin a esta feira xa máis veces porque atopei outros traballos aquí que estiveron moi ben e agora imos ver o que hai", conta Javier López, demandante de emprego

"A sensación que che dá é que ás empresas cústalles atopar traballadores, entón para nós evidentemente é unha vantaxe que queremos aproveitar", opina José Manuel Baspino, demandante de emprego.

Participan nesta feira un total de 60 empresas de diferentes sectores produtivos, industriais, agroalimentarios, de servizos e das telecomunicacións. Todas elas aceptaron o reto da Cámara de Comercio.

"O noso obxectivo é poñer en contacto as empresas, os ofertantes de emprego cos demandantes de emprego que son os rapaces e logo temos un obxectivo cuantitativo que é conseguir que hoxe de aquí saian cen rapaces empregados", apunta Manuel Galdo, director xeral da Cámara de Comercio da Coruña.

Ademais das entrevistas persoais coas empresas, os 500 participantes puideron asistir tamén a seminarios e talleres que lles axudaron a potenciar as súas habilidades e a afrontar con éxito os procesos de selección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar