Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fani Descalzo: "Iremos con todo pola final"

Fani Descalzo: "Iremos con todo pola final"

As xogadoras do Guardés festexaron o histórico pase á final europea

G24.gal 26/03/2023 11:24

Foi un fito histórico para o balonmán galego e para o deporte da nosa terra en xeral. O Atlético Guardés fixo valer a vantaxe da ida e eliminou o Elx nas semifinais da Copa Europea tras o encontro disputado na Sangriña o pasado sábado. Fani Descalzo analizou o partido.

"Viñamos moi contentas, custou gañar alí e sabiamos que tiñamos que rematar a faena. Somos dous equipos que nos gusta xogar con rapidez e boas defensas. Sabiamos que non se ía decantar ata o final. Moi contentas. Somos un equipo moi forte en defensa, meter tan poucos goles é ter o partido. Levo catro anos aquí e nunca vin a Sangriña desta forma. Agora toca festexar e desfrutar, pero á final iremos a por todas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar