Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parte médico do Celta non desanima a Marián Mouriño

SON BAIXA STARFELT, MIGUEL ROMÁN, ASPAS, JONES E CÁCERES

O parte médico do Celta non desanima a Marián Mouriño

Xogará en outubro 7 encontros en 22 días

 

 

G24.gal 06/10/2026 11:53

O Celta vivirá un mes de outubro intenso: 7 encontros en 22 días. Serán 4 de Liga, 2 de Liga Europa e 1 da Copa do Rei. O conxunto celeste retomará a competición cun parte de baixas importante, pois están mancados Starfelt, Miguel Román, Aspas, Jones e Cáceres. No entanto, a confianza da presidenta do Celta no equipo non se altera. Hai tranquilidade.

"Queremos que estean canto antes recuperados todos, pero temos equipo para afrontar o que vén. Temos un adestrador que con estas rotacións que fai fomenta que todos cheguen ben, por iso cremos que temos equipo para saír adiante. E amais, temos o filial", sinalou Marián Mouriño.

Os vindeiros rivais do Celta son Elx (domingo 11 outubro) e Juventus (xoves 15 de outubro).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade