Fan o Camiño Inglés desde Cornualles a bordo dun bergantín de máis de cen anos
Chegaron o porto da Coruña tras cinco días de travesía con ventos moi favorables
Os organizadores prevén repetir este tipo de peregrinación porque tivo unha gran demanda
Atribúeno ao auxe das peregrinacións e a recuperación das rutas históricas xacobeas no Reino Unido
A bordo do Morgenster, un bergantín holandés construído en 1919, chegaban este venres ao porto da Coruña 36 peregrinos polo Camiño Inglés. A viaxe, promovida por unha organización británica de amigos do Camiño de Santiago, tentaba recrear ata certo punto, segundo Andrew Christensen, un dos organizadores, as condicións das peregrinacións por esta ruta na Idade Media.
"É máis ou menos como as peregrinacións no século XIV ou no seculo XV".
A viaxe empezou oito días atrás con tres etapas por terra desde Padstow ata o porto de Fowey, no sur de Cornualles, onde comezaron unha travesía que durou só cinco días, tres menos do previsto, porque os ventos foron moi favorables.
"O capitán dicía nunca virá iso, que seguro que había unha protección de arriba porque navegou en liña coma un tren".
A proposta está poñendo en evidencia, segundo os organizadores, o interese crecente polas peregrinacións e pola recuperación doutras vías históricas da ruta inglesa no Reino Unido. Por iso, malia a dificultade de poder dispor de barcos tan especiais coma o Morgenster, contan que a experiencia se repita e vaia a máis.
