Publicador de contidos

Publicador de contidos

A man de obra non cobre a demanda do sector primario

A man de obra non cobre a demanda do sector primario

As explotacións agrogandeiras e o sector da madeira non atopan traballadores

G24.gal 06/02/2023 14:08

A falta de man de obra pon en risco o futuro nas actividades económicas do sector primario. Un dos factores máis importantes é o despoboamento do rural, que fai moi difícil conseguir, por exemplo, traballadores para explotacións agrícolas e gandeiras.

José ten unha explotación de vacún de carne. 70 vacas máis os becerros. Comparte o traballo coa súa muller. Poucas mans para tantas reses. Aínda así, van apañando, pero José faise maior e o futuro próximo da explotación pende dun fío se non conseguen empregados. Pero non atopa. 

José Ramón di que non dá encontrado ninguén para traballar. Di José que a súa muller é uns anos máis nova ca el e con algún empregado podería seguir en funcionamento outros dez anos tranquilamente.

Fina quere continuar cos animais cando José se retire. Pero soa non pode. Se non atopan man de obra, terán que pechar. O despoboamento no rural o pon  complicado. Fina Sánchez, a muller de José, conta que moita xente non coñece coma é o traballo realmente nas explotacións gandeiras e que si o probasen seguro que decidían quedar no rural.

O seu non é un caso illado. Pasa o mesmo nas explotacións agrícolas ou leiteiras, onde, por exemplo, ante a escaseza de peóns, dispárase a robotización do muxido a pesar de que a meirande parte xa a ten mecanizada.

O mesmo tamén noutros sectores primarios coma a madeira, onde é moi complicado lograr man de obra especializada.

Nuria Rodríguez, xerente de Lugo Madera, di que o sector leva anos sufrindo a falta de man de obra profesionalizada, sen operarios que queiran vir a traballar e que é un problema moi grave para o futuro das empresas do sector.

O sector non desbota a posibilidade de recorrer ao Ministerio de Traballo para que autorice a contratación de traballadores extracomunitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade