Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros de Pontevedra buscan 6.000 camareiros para o verán

Os hostaleiros de Pontevedra buscan 6.000 camareiros para o verán

Os empresarios non desbotan incrementar salarios e libranzas

G24.gal 12/03/2023 14:13 Última actualización 12/03/2023 15:23

A hostalería pontevedresa precisa 6.000 camareiros máis para o verán e tamén se contratará pero menos días e menos persoas na Semana Santa. Tras a pandemia saíron moitos empregados do sector que xa non se recuperaron.

Chegados a este punto os empresarios valoran mellorar as condicións laborais para facer do sector un traballo máis atractivo.

Segundo o presidente dos hostaleiros de Pontevedra, na provincia os salarios sempre estiveron por riba do salario mínimo porque así o recollía o convenio.

Os clientes entenden que é un traballo duro, en días sinalados, con moito horario e cun salario que non compensa.

Coa subida de custos moitos empresarios temen, ademais, que a suba de salarios implique tamén un incremento de prezos e a fuxida da clientela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade