Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha moza de 28 anos nun accidente de tráfico na LU-P-1510 en Cervo

Falece unha moza de 28 anos nun accidente de tráfico na LU-P-1510 en Cervo

Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar a súa morte e que se trataba dunha saída de vía

G24.gal 11/02/2025 09:15 Última actualización 11/02/2025 14:17

Unha moza morreu nun accidente de tráfico rexistrado no concello mariñao de Cervo. A falecida, de 28 anos, era veciña de Viveiro. Tratábase da única ocupante dun coche que saíu da vía, ao carón do polígono industrial de Cuíña, e bateu contra unha árbore. O seu corpo tivo que ser extraído polos bombeiros do parque viveirense.

Manuel Carreja, xefe en funcións dos bombeiros de Viveiro: "Recibimos unha chamada do 112 de que había unha saída de vía cunha persoa falecida. O coche estaba, que recibira un forte impacto lateral, estaba ao pé da estrada. Para liberar o corpo, houbo que mover o vehículo".

Ademais dos bombeiros, ata o lugar do sinistro tamén acudiron varias dotacións de Tráfico e da Policía Local de Cervo. Pola súa parte, os sanitarios do 061 non puideron facer nada para lle salvar a vida á condutora do vehículo.

Manuel Carreja, xefe en funcións dos bombeiros de Viveiro: "Os primeiros en chegar foron os sanitarios, que certificaron a morte da rapaza. Logo chegou a Garda Civil, que nos deu permiso para retirar o cadáver".

Este tráxico accidente produciuse no quilómetro 2 da estrada LU-P-1510, que une pola costa Burela e San Cibrao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade