Morre unha muller en Lugo tras arder case por completo a súa vivenda
O lume, concentrado na cociña, provocou o derrubamento do tellado
Unha muller morreu esta madrugada en Lugo tras declararse un incendio na súa vivenda, situada na travesía Santo Eufrasio. O lume, concentrado na cociña, estendeuse polo inmoble e provocou o derrubamento do tellado.
Segundo informa o 112, a falecida tiña problemas de mobilidade e quedara atrapada no interior da casa. Ata o lugar, desprazáronse os servizos sanitarios, os bombeiros da cidade e axentes da Policía Local. Porén, non puideron facer nada por salvarlle a vida.
🔴#AXEGAInforma dunha muller falecida despois de producirse un incendio na súa vivenda, en #Lugo.
— 112Galicia (@112Galicia) April 1, 2023
Ademais dos servizos sanitarios, acudiron os #Bombeiros de Lugo e os axentes da @policia e Local. pic.twitter.com/OaL8nes3br