Falece un operario en Carballo ao caer dun arnés desde cinco metros de altura
Todo apunta a un fallo no arnés ao que estaba suxeitoo que fixo que se precipitase ao chan
Os sanitarios só puideron certificar o falecemento do mozo, de nacionalidade peruana

Un traballador de 28 anos de idade faleceu sobre as sete menos cuarto da tarde deste luns como consecuencia dun accidente laboral. A alerta activouse na nave 4 da rúa Titanio do polígono carballés de Bértoa.
Na comunicación ao 112 avisouse de que un operario precipitouse ao baleiro desde uns 4-5 metros de altura. Todo apunta a un fallo no arnés ao que estaba suxeito. O operario, adscrito á empresa Reformas Santiso, precipitouse ao chan.
Rapidamente alertouse á Policía Local e á Garda Civil de Carballo así como ao 061 e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Os sanitarios só puideron certificar o falecemento do operario, un mozo de nacionalidade peruana.
Todo apunta a que traballaba para unha empresa con sede social na localidade madrileña de Móstoles e que realiza traballos para unha compañía da área industrial.