Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un operario ao caer dunha plataforma en Bares

Falece un operario ao caer dunha plataforma en Bares

Os servizos de emerxencias non puideron facer nada cando chegaron ao lugar do suceso

G24.gal 29/03/2023 11:16

Un operario que se atopaba traballando sobre unha plataforma elevadora faleceu sobre as dez da mañá, tras caer de varios metros de altura.

Un particular foi o que alertou os servizos de emerxencia, e segundo el, o home caeu dunha altura duns catro metros, mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos na parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Á zona desprazáronse de inmediato profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para evitar o seu falecemento. Ao lugar do suceso tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar