Cargando resultados...
Falece un mozo en Ames atropelado polo seu vehículo tras fallar o freo de man
G24.gal
13/01/2022 09:43
Un mozo de 23 anos faleceu esta mañá en Ames (A Coruña) atropelado polo seu propio vehículo, ao parecer tras fallar o freo de man.
Fontes da Policía Local de Ames informaron de que o suceso tivo lugar ás oito e media desta mañá. O rapaz estacionara o coche en pendente, na rúa Hedras, situada nun polígono industrial do Milladoiro. Ao fallar o freo, quixo paralo co seu corpo pero non o conseguiu e quedou atrapado entre o seu vehículo e o que estaba aparcado detrás.
O 061 desprazou efectivos sanitarios ao lugar, pero só puideron confirmar o falecemento.