Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home ao caer dunha escaleira en Oleiros

Falece un home ao caer dunha escaleira en Oleiros

A vítima estaba a realizar traballos nun invernadoiro na Rúa Cabaleiros, en San Pedro de Nós

G24.gal 11/06/2026 09:16

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 21:30 horas de onte a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Na súa chamada, os profesionais sanitarios solicitaron a colaboración doutros equipos de emerxencias para rescatar a vítima, que sufrira unha caída desde unha escaleira e quedara suspendida dun arnés.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia informáronse aos efectivos de Emerxencias Oleiros e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Unha vez rescatado, o persoal sanitario iniciou manobras de reanimación cardiopulmonar. Porén, malia os esforzos realizados, nada se puido facer por salvarlle a vida ao home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade