Rescatan o corpo sen vida dunha persoa nunha piscina de Redondela
Atopan o corpo sen vida dunha persoa nunha piscina dunha vivenda situada na Subida ao Picoto, na parroquia de Chapela, no concello de Redondela.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso na tarde deste luns ás 17:20 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do ocorrido á Policía Nacional e á Policía Local.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron o falecemento da persoa, que foi atopada no interior da piscina.
As forzas e corpos de seguridade continúan a investigar as circunstancias nas que se produciu o suceso.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dunha persoa nunha piscina de #Redondela.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 8, 2026
📍 Subida ao Picoto, Chapela.
➡️ Os servizos sanitarios só puidero confirmar o falecemento.
🔗 https://t.co/Ry0DxqfTSk pic.twitter.com/wwqLBKzcHm