Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe a 35 o número de mortos polo terremoto de magnitude 7,8 en Filipinas

Sobe a 35 o número de mortos polo terremoto de magnitude 7,8 en Filipinas

As autoridades filipinas contabilizan ademais doce desaparecidos e máis dun cento de feridos e miles de familias afectadas 

Aínda non hai constancia de españois afectados polo sismo

Reuters
G24.gal 08/06/2026 09:07 Última actualización 08/06/2026 12:51

As autoridades elevaron este luns a 35 o número de persoas falecidas polo terremoto de magnitude 7,8 que sacudiu a illa de Mindanao, no sur do arquipélago. O balance oficial inclúe ademais doce desaparecidos e 134 feridos. 

Os equipos de rescate continúan a procura de superviventes nas zonas máis afectadas.

O sismo, rexistrado fronte a illa filipina de Burias, deixou polo menos 10.000 familias afectadas polo sismo, que estivo segudo por máis de 130 réplicas, algunhas delas de ata 6,7 de magnitude. 

O Departamento de Educación indicou que 6.224 escolas resultaron afectadas en cinco rexións de Mindanao. Ademais, uns 3,2 millóns de estudantes vironse afectados pola suspensión das clases coincidindo co inicio do curso escolar. 

O terremoto tamén provocou danos en vivendas, centros comerciais, edificios administrativos e infraestruturas públicas. O aeroporto internacional de General Santos cancelou 17 voos, mentres que o servizo eléctrico e as telecomunicacións sufriron interrupcións en varias zonas da illa. 

O presidente de Filipinas, Ferdinand Marcos, declarou nun comunicado que as autoridades "están a coordinar a resposta e a vixilancia ante desastres en todas as áreas afectadas", onde os servizos eléctricos e de telecomunicacións tamén se viron interrompidos.

O Goberno español confirmou que, polo momento, non ten constancia de cidadáns españois afectados polo terromoto. O Consulado Xeral de España en Manila continúa a facer un seguimento da situación e a recompilar inofrmación sobre os españois que se atopan no país asiático. 

Horas despois de tremor, Filipinas, Malaisia e O Xapón levantaron as alertas de tsunami activadas tras o sismo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade