Cargando resultados...
Falece na praia coruñesa de Riazor un home que sufriu un esvaecemento mentres nadaba
A vítima, un octoxenario, foi atendido no areal cunha parada cardiorrespiratoria, pero finalmente faleceu

G24.gal
14/07/2022 16:44
Un bañista faleceu este xoves ao mediodía na praia coruñesa de Riazor. Supostamente sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres nadaba.
Segundo as testemuñas, efectivos sanitarios e socorristas trataron de reanimar a vítima, un home duns 80 anos, durante media hora. Finalmente non puideron facer nada por salvarlle a vida.