Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia acada 108 bandeiras azuis, situándose como terceira comunidade con máis distintivos

Galicia acada 108 bandeiras azuis, situándose como terceira comunidade con máis distintivos

Sanxenxo e Vigo lideran a lista de municipios, con 20 e 13 bandeiras respectivamente entre praias e portos deportivos

España, líder mundial, con 642 bandeiras azuis para praias

G24.gal 07/05/2025 13:38

Galicia consegue 108 bandeiras azuis, 6 menos ca o ano anterior, e colócase terceira entre as comunidades autónomas con máis insignias segundo o último listado da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), promotora desta iniciativa medioambiental, que recoñece areais en todo o mundo en base a criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

España contará nas súas costas este verán con 749 estandartes: 642 en praias (4 máis que en 2024), 101 en portos deportivos e 6 para embarcacións turísticas sostibles. Adeac recoñece deste xeito a España como líder mundial de bandeiras azuis en praias.

O 15 % das praias do planeta con estandarte ambiental sitúase en España, o que evidencia "a excelencia das súas auga, a súa accesibilidade e seguridade", segundo o informe, que recolle datos de máis de 5.000 puntos en 52 países dos cinco continentes.

Galicia terá seis bandeiras menos que o ano anterior, pero, con 108 distintivos, é a terceira comunidade con máis insignias. Lidera ademais a lista de municipios con máis recoñecementos coas localidades de Sanxenxo e Vigo. Sanxenxo terá 20 distintivos, 17 para praias e 3 para porto deportivo; mentres, Vigo terá 13 bandeiras, 12 de praias e 1 de porto deportivo. Porén queda fóra da lista a praia de Samil.

En total serán 12 portos deportivos os recoñecidos en Galicia, un máis que o ano anterior coa incorporación do Liceo Marítimo de Bouzas.

Tamén recibe o recoñecemento por vez primeira a praia do Mende en Vigo. Ademais, recuperan a bandeira os areais Grande, en Miño, e San Francisco, en Muros.

Estas son as praias galegas que acadan a bandeira azul este ano 2025:

A Coruña

· A Coruña: As Lapas, Orzán-Matadero, Oza, Riazor, San Amaro

· A Laracha: Caión

· A Pobra do Caramiñal: Lombiña-Cabío

· Arteixo: A Salsa (Repibelo), Barrañán, Combouzas, Porto de Suevos, Sabón, Valcobo

· As Pontes de García Rodríguez: Lago das Pontes

· Bergondo: Gandarío

· Camariñas: Arou

· Carballo: Pedra do Sal, Razo, Saíñas

· Dumbría: Ézaro

· Ferrol: A Fragata-O Pareixal, Caranza, Doniños, Esmelle, San Xurxo

· Laxe: Laxe

· Malpica de Bergantiños: Area Maior

· Miño: A Ribeira, Grande, Perbes-Andahío

· Muros: San Francisco

· Oleiros: Bastiagueiro, Espiñeiro, Mera, Naval, Santa Cristina

· Ponteceso: A Ermida, Balarés, O Osmo

Lugo

· Barreiros: Coto, Fontela Valea

· Burela: A Marosa, O Portelo

· Cervo: O Torno

· Foz: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas, Peizás

· O Vicedo: Abrela, Xilloi

· Ribadeo: As Catedrais, Os Castros-Illas

· Viveiro: Area

· Xove: Esteiro

Pontevedra

· A Guarda:  Area Grande, O Muíño

· Illa de Arousa: Area da Secada, Bao (Camaxe)

· Baiona: Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira, Santa Marta

· Bueu: Area de Bon, Lagos, Lapamán, Portomaior

· Marín: Aguete, Mogor, Portocelo, Santo de Mar – A Coviña

· Moaña: O Con

· Poio: Cabeceira, Xiorto

· Ponte Caldelas: Praia fluvial A Calzada

· Sanxenxo: A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, O Espiñeiro-A Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira, Silgar

·  Vigo: A Argazada, A Fontaiña, A Punta, Rodas (Illas Cíes), Canido, Carril, O Adro, O Fortiñón, O Mende, O Vao, Santa Baia, Tombo do Gato

· Vilagarcía de Arousa: Campanario, Compostela

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade