Publicador de contidos

Falece un home en Oímbra atrapado por un tractor

Falece un home en Oímbra atrapado por un tractor

O sinistro produciuse no lugar de Rabal, onde a vítima conducía o vehículo, que envorcou 

G24.gal 01/11/2021 12:50

Un home faleceu este luns no concello ourensán de Oímbra atrapado tras envorcar o tractor que conducía e quedar atrapado baixo o vehículo agrícola.

Foi contra as once da mañá cando o servizo de emerxencias recibiu unha chamada que daba aviso deste accidente, ocorrido nas proximidades do campo de fútbol, do lugar de Rabal

Na chamada pedíase medios de rescate, xa que o home estaba atrapado polo tractor. Segundo informa o 112 aínda que ata lugar se desprazaron equipos sanitarios, amais de unidades de bombeiros de Verín e da Garda Civil, nada se puido facer por el.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos