Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 63 anos ao caerlle unha pedra enriba en Melón

Falece un home de 63 anos ao caerlle unha pedra enriba en Melón

Os bombeiros seguen traballando para asegurar a zona e poder evacuar ao falecido, pois a estrutura do inmoble é moi inestable e reviste risco de derrubamento

G24.gal 19/09/2024 14:03

O suceso ocorreu dez minutos antes das 12:30 horas, momento en que un particular contactou co 112 Galicia para informar do que sucedera: a un home caéralle unha pedra enriba cando estaba nunha casa abandonada, en Quins, preto da Igrexa, sen poder saír de debaixo.

Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Carballiño para que puidesen liberar ao ferido. Do mesmo xeito, tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén tiveron coñecemento do suceso o GES de Ribadavia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón.

A dotación de bombeiros conseguiu liberar parcialmente a persoa, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida, pois xa falecera. Os servizos de emerxencias explicaron que puido ocorrer: o home atopábase traballando co seu tractor pola eira no momento en que a pedra, proveniente da casa en ruínas, caeu sobre el.

Os bombeiros seguen traballando para asegurar a zona e poder evacuar o falecido, pois a estrutura do inmoble é moi inestable e reviste risco de derrubamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar