Falece un home de 79 anos ao que rescataron da auga en Vigo
Foi rescatado nunha barca e posteriormente practicáronselle manobras de reanimación cardiopulmonar, pero os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento
No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, os axentes da Policía Nacional e Local e os Bombeiros de Vigo
Os feitos ocorreron na zona do pantalán Punta Lagoa, en Teis, e malia os esforzos por reanimala, nada puideron facer por salvarlle a vida. Segundo manifestou un vixilante do porto deportivo o home estaba bébedo.
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso dez minutos antes das 6 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa vez, estes foran informados pola Policía Local de que acababan de sacar unha persoa da auga no pantalán Punta Lagoa. Foi rescatada nunha barca e posteriormente practicáronselle manobras de reanimación cardiopulmonar, pero os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Trátase dun home de 79 anos e veciño da Caniza.
No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, os axentes da Policía Nacional e Local e os Bombeiros de Vigo.