Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home ao chocar co seu coche contra un camión na N-120 en Pantón

Falece un home ao chocar co seu coche contra un camión na N-120 en Pantón

O accidente ocorreu sobre as seis e media da tarde

G24.gal 12/04/2024 20:17 Última actualización 12/04/2024 21:11

Falece o condutor dun turismo tras chocar contra un camión na estrada N-120 á altura de Pantón.

Os bombeiros liberaron o condutor do turismo, pero os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.

Cara ás 18:30 horas, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do sucedido: un turismo acababa de chocar contra un camión no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán.

As primeiras informacións facilitadas polos alertadores apuntaban a que a persoa era incapaz de abandonar o vehículo.

De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Ao mesmo tempo, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade