Cargando resultados...
Falece un home ao bater o seu coche contra unha árbore na Coruña
O home saíu da vía no Mirador de San Pedro de Visma

G24.gal
30/07/2022 13:06
Última actualización 30/07/2022 14:24
O 112 Galicia informou este sábado dun accidente mortal no Mirador de San Pedro de Visma, na Coruña.
Un home morreu despois de saír da vía o coche en que circulaba e bater contra unha árbore. Segundo explica emerxencias de Galicia, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Ata o lugar do sinistro acudiron os bombeiros da Coruña, a Policía Local e Protección Civil.