Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un condutor dun coche en Mos tras saír da vía co seu vehículo

Falece un condutor dun coche en Mos tras saír da vía co seu vehículo

A pesar de que o coche acabou nunha gabia, os sanitarios puideron acceder á vítima, pero faleceu

Polas circunstancias nas que se produciu o sinistro é posible que o home, un octoxenario, sufrise unha indisposición

G24.gal 31/08/2022 11:47 Última actualización 31/08/2022 14:04

O condutor dun vehículo faleceu esta mañá en Mos tras saír da vía, informa o 112 Galicia.

O sinistro produciuse no Camiño da Maceira, na parroquia de San Miguel de Pereiras. 

Foi un particular o que deu a voz de alarma ao 112-Galicia ás 10:30 horas desta mañá, tras localizar o coche detido e ladeado nunha cuneta, fóra da estrada.

Segundo o servizo de emerxencias, o coche botouse fóra da estrada e acabou na gabia, sen chegar a envorcar completamente.

A vítima, un home octoxenario, non estaba atrapada e os sanitarios puideron acceder a el abrindo unha das portas para prestarlle auxilio, pero faleceu. 

Ademais, participaron no operativo o GES de Mos e axentes da Garda Civil de Pontevedra. Fontes de emerxencias apuntan a que, dadas as circunstancias en que se atoparon o vehículo e o home, é posible que sufrise unha indisposición antes de saír da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade