Falece un camioneiro nun accidente na autovía A-55
A autovía permaneceu cortada e o tráfico desviouse pola N-550
Un home de 62 anos faleceu tras bater o camión articulado que conducía contra un poste de sinalización no quilómetro 26 da A-55 en sentido Tui. Por causas que se están a investigar, o condutor perdeu o control do vehículo e o impacto foi brutal.
Ao proxectarse a carga contra o outro sentido de circulación, os primeiros vehículos que viñan nese sentido colidiron contra o contedor que transportaba o camión. Unha persoa foi trasladada ferida leve e a outra persoa ilesa.
Ao lugar do accidente achegáronse efectivos de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico e de bombeiros do Porriño. A violencia do impacto complicou o traballo de excarceración da vítima.
O falecido era natural de Nigrán e transportaba produtos plástico para unha empresa da localidade pontevedresa de Vilaboa.