Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un bebé de cinco meses en Vigo por meninxite tras dous días no hospital

Falece un bebé de cinco meses en Vigo por meninxite tras dous días no hospital

A familia acudira previamente a urxencias en dúas ocasións debido a que o pequeno presentaba síntomas catarrais

O Sergas asegura que os profesionais que o atenderon actuaron "correctamente e segundo os protocolos establecidos"

EP 23/12/2022 13:26

Un bebé de cinco meses faleceu en Vigo por padecer meninxite pneumocócica dous días despois do seu ingreso no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron a principios de decembro, cando a familia acudiu a urxencias en dúas ocasións debido a que o pequeno presentaba síntomas catarrais.  

Días despois unha ambulancia tivo que trasladar o neno ao centro hospitalario logo de empeorar a súa situación. Alí diagnosticáronlle meninxite pneumocócica, que provocaría o falecemento do bebé despois de 48 horas ingresado.

Pola súa banda, desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicaron que o falecemento do bebé foi debido á meninxite que padecía, cunha evolución tórpida. "Trátase dunha bacteria moi agresiva, que provoca unha enfermidade moi grave, unha sepse, que ás veces pode ter un desenlace fatal, como neste caso", lamentaron.  

"Os profesionais do servizo de urxencias pediátricas actuaron en todo momento correctamente e segundo os protocolos establecidos. En ningunha das súas dúas visitas a urxencias o bebé presentou signos ou datos a exploración que fixesen sospeitar desta enfermidade", engadiron.  

A área Sanitaria de Vigo ofreceu as súas condolencias á familia e púxose a disposición para calquera aclaración ou dúbida que puidesen ter en relación coa asistencia prestada ao seu fillo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos