Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o xornalista e escritor Alfonso Ussía aos 77 anos

Falece o xornalista e escritor Alfonso Ussía aos 77 anos

Foi columnista en destacados xornais e revistas, como ABC, Diario 16, La Razón, Época, El Cocodrilo e El Debate

Arquivo/Europa Press Arquivo/Europa Press
G24.gal 05/12/2025 12:09

O escritor e xornalista madrileño Alfonso Ussía faleceu en Madrid aos 77 anos, segundo informaron ABC e El Debate, medios cos que colaborou.

Ussía a (Madrid, 1948) comezou a súa carreira literaria escribindo poesía satírica e pronto se converteu en columnista en destacados xornais e revistas, como ABC, Diario 16, La Razón, ÉpocaEl Cocodrilo e El Debate, desde onde abordou durante décadas multitude de temas sociais baixo o prisma dun humor incisivo ou a sátira.

Tamén traballou en programas de radio e televisión, para os que creou personaxes humorísticos como Floro Recatado e o marqués de Sotoancho. Mestura de cronista mordaz, humorista de estilo clásico e ensaísta incisivo, toda a súa obra reflicte a súa visión crítica da sociedade.

Entre os seus recoñecementos figuran os premios González Ruano e Mariano de Cavia de Xornalismo, o Jaime de Foxá de Literatura, a Pluma de Prata do Club da Escritura, a Gran Cruz da Orde do 2 de Maio ou a Medalla de Ouro de Madrid.

Como autor, Ussía publicou máis de 40 libros como  Coplas, canciones y sonetos para antes de una guerra, Fustazos y caricias, Cosas que pasan, El temblor diario, Tratado de las buenas maneras e a serie Memorias del marqués de Sotoancho, con títulos como La albariza de los juncos, El secuestro de mamá y Lo que Dios ha unido que no lo separe mamá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade