Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Manuel Torreiglesias aos 84 anos de idade

Falece Manuel Torreiglesias aos 84 anos de idade

Nunha entrevista hai uns meses, Torreiglesias revelou que padecía unha grave enfermidade renal que o obrigaba a someterse a diálise

En 1997, o xornalista natural de Pontedeume iniciou o seu percorrido co programa Saber vivir, un espazo de divulgación sanitaria e de hábitos para unha vida saudable

EFE/Arquivo EFE/Arquivo
G24.gal 19/05/2025 13:30

O xornalista galego, Manuel Torreiglesias, histórico presentador do programa de RTVE Saber vivir, faleceu este luns aos 84 anos de idade. Nunha entrevista hai uns meses, Torreiglesias revelou que padecía unha grave enfermidade renal que o obrigaba a someterse a diálise.

En 1997, o xornalista natural de Pontedeume iniciou o seu percorrido co programa Saber vivir, un espazo de divulgación sanitaria e de hábitos para unha vida saudable, que dirixiu e presentou en TVE desde o 1997 ata o 2009.

A principios dos anos 90 presentou o espazo Boa saúde na Televisión de Galicia.

O Concello de Pontedeume escolleu a figura de Manuel Torreiglesias como Fillo Predilecto, desde onde emitiron un emotivo comunicado destacando o seu legado profesional e humano.

 

A noticia recibiuse con moita consternación na vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade