Piden tres anos e tres meses de prisión para unha enfermeira por consultar informes doutra traballadora
Piden tres anos e tres meses de prisión para unha enfermeira por consultar informes doutra traballadora
A acusada, enfermeira no hospital de Ourense, recoñeceu que si consultou infomes médicos dunha compañeira sen permiso e que o fixo "só por curiosidade"
A fiscalía engadiu seis anos de inhabilitación absoluta por un delito de revelación de segredos coa agravante de ser funcionario publico
A fiscalía pide tres anos e tres meses de prisión para unha enfermeira do CHUO que recoñeceu que consultou informes médicos privados doutra traballadora do Sergas sen o seu permiso.
O xuízo celebrouse na Audiencia Provincial de Ourense. A acusación particular pide aínda unha pena máis grande.
A acusada, enfermeira no hospital de Ourense, recoñeceu arrepentida que si consultou no programa informático do Sergas infomes médicos dunha compañeira sen permiso. Asegurou que o fixo "só por curiosidade".
"Quero pedir perdón publicamente e dicir que estou moi arrepentida", declarou a acusada.
A traballadora do Sergas que a denunciou di que tiñan unha relación cordial entre elas e ao ir mirar unha analítica súa no Llanus descubriu que o seu historial fora consultado pola acusada.
"Como consecuencia disto, tivo vostede algún problema de saúde ou causoulle algún prexuízo?, preguntou a denunciante.
"Si, estou a tratamento psicolóxico", afirmou a acusada.
A fiscalía modificou o escrito de cualificación elevando a pena de cárcere a tres anos e tres meses, máis seis anos de inhabilitación absoluta por un delito de revelación de segredos coa agravante de ser funcionario publico.
"Consideramos que quedan suficientemente demostrados os feitos que se recollen no noso escrito de cualificación", explicou a fiscala.
A acusación particular pide catro anos de cárcere e oito de inhabilitación. A defensa apelou ao tribunal para atenuar a pena polo feito de que a acusada recoñeceu os feitos e pediu perdón.
Non sería a primeira enfermeira condenada coa prisión por mirar un informe médico sen consentimento. A Audiencia da Coruña o pasado mes de marzo ditou sentenza con seis anos e medio de cárcere.