Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece ao quedar atrapado entre o guindastre que manexaba e un muro en Redondela

Falece ao quedar atrapado entre o guindastre que manexaba e un muro en Redondela

O home faleceu cando descargaba un coche nun talller da parroquia de Quintela

G24.gal 17/07/2023 10:23

Un home que manexaba un guindastre faleceu ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche en Redondela.  

Sobre as 8:50 horas deste luns, varios particulares alertaron o 112 Galicia deste suceso nas proximidades dun taller da parroquia de Quintela. Así, activouse un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Redondela, GES de Mos e axentes da Policía Nacional e da local. Tamén se informou aos Bombeiros de Vigo e do Porriño e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela. 

O persoal sanitario tan só puido confirmar a morte do home. Os servizos de emerxencias proceden á liberación do corpo. 

Investíganse as causas, pero todo parece indicar que o vehículo que descargaba desnivelou o seu camión deixando atrapado o condutor. O falecido tiña 67 anos e era veciño da parroquia de Coruxo, en Vigo 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade