Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Amancio Amaro, lenda do fútbol galego

Falece Amancio Amaro, lenda do fútbol galego

O Real Madrid, club do que era presidente de honor, comunicou o seu falecemento aos 83 anos

Naceu na Coruña e xogou ata os 22 anos no Deportivo, co que logrou un ascenso a Primeira División

O seu palmarés é impresionante, con nove Ligas, tres Copas, unha Copa de Europa ou unha Eurocopa coa selección española

G24.gal 21/02/2023 08:57 Última actualización 21/02/2023 16:16

O Real Madrid comunicou o falecemento de Amancio Amaro Varela, o seu presidente de honor, aos 83 anos. Nacido na Coruña, Amancio está considerado como un dos mellores xogadores da historia do fútbol español. 

Os inicios de Amancio están vencellados ao Victoria coruñés. De aí pasou ao Deportivo, onde xogou durante catro temporadas. Fíxoo sempre na Segunda División (1958-62) e despediuse en grande, co ascenso a Primeira e proclamándose máximo goleador da categoría con 25 goles. 

Era o principio dunha gran traxectoria. Ao ano seguinte asina co Real Madrid, onde se converteu nun mito. Alí estivo 14 temporadas, nas que gañou nove Ligas, tres Copas ou unha Copa de Europa, entre outros múltiples trofeos. Gañou dous trofeos como máximo goleador e disputou 471 partidos oficiais (155 goles en total). 

Coa selección española gañou a Eurocopa de 1964, naquel equipo en que era xunto ao tamén galego Luís Suárez unha das indiscutibles estrelas. En total vestiu a camisola vermella en 42 ocasións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar