Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falar do suicidio para non ter que falar del

Falar do suicidio para non ter que falar del

307 persoas suicidáronse en Galicia en 2020

Falar del socialmente e coñecer os sinais de alarma son vitais para previlo

G24.gal 15/12/2021 15:51

Voluntarias da Asociación Andaina, de persoas cunha enfermidade mental e as súas familias, saíron á rúa para dar a coñecer o programa de prevención do suicidio que están a levar a cabo nas comarcas de Ordes e de Ulla-Sar, como conta Verónica Verdía, socióloga da asociación.

"Primeiro, diminuír o tabú sobre o suicidio, ofrecer cifras para decatarse da relevancia do problema, informar sobre sinais de alarma, como facer un acompañamento axeitado e dar a coñecer os recursos de apoio existentes"

As persoas que se achegan a eles agradecen que se fale de suicidio en púiblico.

"Paréceme moi ben porque creo que hai moi pouca información a nivel xeral e nos centros de saúde" di unha e outra engade "se non se ve, como unha perna rota, non estamos enfermos".

"Non hai facultativos, segue outra, para pedir cita nun psiquiatra faiche falta un ano e psicólogos xa non hai. Debería mirarse porque a sanidade está descoidada, sobre todo, a pública" protesta outra persoa.

Falar axuda á prevención e tamén coñecer os sinais de alarma como os que nos indica Verónica Verdía, tanto verbais como de conduta.

"Frases directas ou indirectas sobre a intención, desgusto, desesperanza ante a vida. Cambios bruscos de humor, cambios no sono, aumento do consumo de substancias..."

307 persoas suicidáronse en Galicia durante 2020, segundo datos do IMELGA. A zona con maior incidencia é a comarca de Santiago. A taxa é de 13 suicidios por cada cen mil habitantes, moi por riba das medias española e europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade