Fairway analiza a potencialidade do Camiño no primeiro gran congreso poscovid
Máis de 4.000 empresarios, hostaleiros, touroperadores e representantes das administracións participan nas xuntanzas programadas nesta feira
Nas mesas hai programadas entre hoxe e mañá 2.000 reunións de traballo que poñen en contacto pequenos empresarios de hostalería, turismo de aventura ou innovación dixital cos maioristas touroperadores.
O Camiño, todas as rutas xacobeas, reformúlanse tras unha pandemia que deixou en evidencia a importancia do ideario do respecto á natureza e a atención ás zonas despoboadas.
Melchor Fernández, Coordinador do grupo de investigación GAME-IDEGA subliña que "vinculado directamente a que o Camiño pasa directamente por contornas moi rurais de despoboación nas que, por outro lado, é un beneficio para nós no efecto redistributivo. É sostible en si mesmo porque estamos facendo unha ruta amodiño, slow, pouco a pouco, sen usar medios de transporte de combustión..."
O impacto da pandemia é obxecto de análise no congreso. Na zona de expositores, un percorrido pola xeografía e novos modelos de pequenos aloxamento que botan man da unión e da tecnoloxía para competir.
Antonio Ares, de Duerming Beds, asegura que achegan "solucións innovadoras como recepcións virtuais e, por outro lado, ofertamos servizos de asesoramento comercial ou técnicas que lle permiten competir con cadeas de maior tamaño".
As reservas dixitais chegan a un sector que sentiu forte o golpe da covid, pero que agora se ve sorprendido pola súa capacidade para tirar da economía.
Miguel Ángel Rodríguez Presidente de Agalber: "A verdade é que tiñamos a esperanza de que o Camiño ía ser un revulsivo, que a xente precisaba natureza, camiñar e saír. E sabiamos que o Camiño rexurdiría, pero a verdade é que nos sorprendeu a valocidade e a cantidade de xente que veu".
FairWay continúa ata mañá no Pazo de Congresos.