Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turismo de autocaravanas, en auxe

O turismo de autocaravanas, en auxe

Esta clase de turismo incrementouse sobre un 15 % este ano

O prezo do alugueiro dunha autocaravana roza os 150 euros no verán

Estacionar, pasar a noite ou despregar o toldo en lugares prohibidos para esta clase de vehículos pode supoñer sancións

G24.gal 08/07/2025 15:23 Última actualización 08/07/2025 16:54

A autocaravana é o medio de transporte elixido cada vez por máis persoas para viaxar. 

"Isto ti levas a túa casa rodando. Como digo eu, levo a miña casiña con rodas. Eu onde queira paro, onde non queira non paro... e a liberdade que tes para levantarte, ducharte ou facer a comida", comenta unha turista.

"É unha forma de vida. Nas vacacións levamos a casa ás costas", afirma outro turista.

Nos últimos anos, percíbese un notable aumento desta clase de turismo e o prezo do alugueiro dun vehículo destes roza os 150 euros no verán.

"O turismo de autocaravanas está crecendo cada ano en Galicia. Pensa que en Alemaña o 50 % da poboación viaxa en autocaravana, en Francia viaxa un 30%, en Italia un 25 %, en España estamos a un 20 %, que viaxa en alugueiro ou que xa ten vehículo propio, e cada día está subindo. Este ano incrementouse sobre un 15 %, e incrementouse moito máis dende a covid", informa Antonio Jul, presidente de Caravaning Club Yacart.

Co incremento deste, tamén aumentaron as restricións, que dependen de cada concello. Polo xeral, non poden estacionar, pasar a noite ou despregar o toldo en calquera sitio e a mala aplicación dalgunha destas normas pode supoñer sancións.

"As infraccións máis comúns que se poden cometer son non obedecer un sinal de prohibición e restrición, unha de prohibido estacionar ese tipo de vehículos; por acampada libre cando hai unha autocaravana que quita toldos e utensilios, xa que xa non é estacionamento, é acampada; e incluso algunha vez tamén poden cometer unha infracción a nivel Costas, é dicir, aparcar nun sitio prohibido", explica José Manuel Figueira, xefe da Policía Local da Illa de Arousa.

As multas poden ir dende os 80 euros por mal estacionamento ata os 6.000 euros por acampar nun lugar protexido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade