Publicador de contidos

Facenda, obrigada a devolverlle a Amancio Ortega 215.000 euros

Facenda, obrigada a devolverlle a Amancio Ortega 215.000 euros

O Supremo ordena que a Axencia Tributaria devolva ao fundador de Inditex os xuros de demora indebidamente aboados polo imposto de sociedades

G24.gal 03/11/2021 17:34

O Tribunal Supremo ordena que a Axencia Tributaria devolva a Amancio Ortega 215.000 euros indebidamente aboados por xuros de demora do imposto de sociedades de 2014 dunha das súas empresas, hoxe absorbida por  Pontegadea, tras estimar o recurso do presidente de Inditex.

Na sentenza, datada o pasado 17 de setembro, a sala do contencioso estima o recurso presentado polo empresario contra unha resolución da sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de maio de 2019.

No seu recurso, o fundador de Inditex reclamaba que a cantidade aboada en concepto de intereses de xuro debía poderse deducir do total.

Como consecuencia da citada regularización practicada no exercicio 2014, resultaron uns intereses de xuro de 214.842,82 euros, que  Grilse (empresa de Amancio Ortega hoxe absorbida polo seu vehículo investidor Pontegadea) considerou como partida deducible no imposto de sociedades.

Para o Supremo, nin a liquidación de Facenda nin as resolucións dos sucesivos órganos xudiciais aos que o empresario recorreu "non resultan conformes ao ordenamento xurídico, ao non ser correctamente interpretado e axustado á doutrina establecida". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar