Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expourense acolle unha nova edición do Salón do Automóbil clásico

Expourense acolle unha nova edición do Salón do Automóbil clásico

Unha historia sobre rodas pola que semella non pasar o tempo

G24.gal 11/04/2026 21:48

Se son vostedes amantes dos coches clásicos saiban que teñen esta fin de semana unha cita en Expourense. Poden comezar o percorrido achegándose as décadas dos sesenta e os setenta. Se ten idade suficiente seguro que moitos coches aínda lles resultan familiares

"É un Land Rover, que é icónico nas unidades de servizo rural, igual que os Renault 4. son vehículos moi versátiles a hora de poderse mover por camiños, por pistas, polo que é a España rural. Eran punteiros na súa época todos eles, eh?"

E non tiña menos sona os Cadillac. Mide case seis metros de longo, é do 1959 e non puido ter mellor patrocinador.

"A min góstanme os coches americanos, e estes modelos. o vermello é moi icónico porque é o Cadillac de Elvis."

Chaman a atención tamén unha ducia de Alpines. Un deles foi no seu día propiedade de Sara Montiel.

"Era un coche único, era un coche deportivo, era un coche que era caro. Era un coche distinto."

A mostra serve tamén para celebrar o medio século de vida dun modelo de Mercedes. Vendeuse tanto en Ourense a finais dos anos setenta, que o concesionario da cidade ocupaba os primeiros postos en ventas a nivel estatal.

"Mesmo cincuenta anos despois, se vas conducindo ou paseando pola rúa, onde máis 123 ves circulando pero de xente que aínda é seu coche hoxe en día é aquí."

Pero qué sería dos coleccionistas sen repostos para os seus coches. A familia de Rosa abriu a súa tenda especializada en clásicos aló polo 1960.

"Apréndeslle o cliente a recrear vellas experiencias, lembranzas de antano. Moitas veces cando entran na nosa tenda din que cheira o coche de seu pai. É unha cousa moi bonita axudar a xente a recompoñer o coche da súa infancia ou da súa mocidade."

Unha historia sobre rodas pola que semella non pasar o tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade