Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expertos internacionais defenden as propiedades do consumo de peixe para a saúde

Expertos internacionais defenden as propiedades do consumo de peixe para a saúde

Foi un dos temas que centrou a Conferencia Mundial do Atún que se celebra en Vigo, coa presenza de máis de 350 profesionais de 32 países

O sector destacou a boa saúde da que gozan as pesquerías do atún para conserva

G24.gal 11/09/2025 14:08

O contido de metais pesados no atún, como o mercurio, levou a seis cidades francesas a prohibir o seu consumo nos comedores escolares. Algúns dos principais expertos internacionais en investigación biomédica rexeitan esta idea e defenden os estudos que proban a importancia do seu consumo para a saúde. 

Neste sentido, o sector pide un cambio na normativa científica.

Durante a primeira xornada da Conferencia Mundial do Atún, o sector destacou a boa saúde da que gozan as pesquerías.

O secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), Roberto Alonso, reivindicou as calidades nutricionais do atún e pediu que se teña en conta este alimento nas decisións lexislativas da Unión Europea.

Así o sinalou antes da inauguración da XII Anfaco World Tuna Conference, que reune este xoves e venres en Vigo a máis de 350 profesionais do sector de 32 países.

"O atún é un recurso estratéxico para España, sendo España segunda potencia mundial en transformación, neste caso en conserva de atún, e sendo a conserva de atún o primeiro produto de exportación da industria do mar de España. O atún é un recurso global, un recurso que se pesca en todos os océanos e que require dunha cooperación case geoestratégica con todos estes países para manter a subministración e uns stocks sostibles", subliñou.

Os retos actuais desta industria centraron a xornada, en especial a competencia desleal din, de países como Tailandia, que non cumpren as normas internacionais. 

Galicia, un referente internacional

Á inauguración asistiu, entre outros, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen destacou o apoio da Xunta a Anfaco para que Galicia sexa un referente internacional na industria atuneira.

Para ela, este encontro representa unha clara aposta pola valorización e a diferenciación dos produtos, co fin de xerar valor nos mercados acorde cun produto de "primeira calidade" que é "producido ou capturado" en Galicia.

Así, asegurou que o Executivo autonómico seguirá avogando pola consecución de resultados en equilibrio e en garantía nun mercado en igualdade de condicións, tratando de excluír ao atún do acordo de libre comercio con Tailandia e defendendo ao sector ante a imposición de novos aranceis dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos