Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito da LVIII Festa do Xamón da Cañiza: contan con superar as dez mil racións

Éxito da LVIII Festa do Xamón da Cañiza: contan con superar as dez mil racións

A novidade deste ano foron as croquetas de xamón

A ración con pan e bebida custou 7 euros, igual que o ano pasado 

Un dos participantes no Concurso Nacional de Cortadores de Xamón
G24.gal 15/08/2024 20:02 Última actualización 15/08/2024 20:26

Detrás dun prato de xamón hai moita historia.

Os fenicios foron os responsables de traer os primeiros porcos á península ibérica, e tras deles, romanos e íberos deron boa conta dos animais con métodos de conservación que chegan ata os nosos días. O máis coñecido, o xamón curado en sal.

O lugar de Galicia que máis sabe de xamóns é A Cañiza onde celebran este 15 de agosto a festa de exhaltación. 

Os xamóns de porco celta criados e alimentados en Galicia con castañas e landras eran moi aprezados na primeira metade do século XX polos productores de Guijuelo ou Jabugo.

Primeiro os arrieiros e logo o ferrocarril e o barco fixérono chegar ao resto da península, mesmo aos emigrantes de Latinoamérica.

Moitos deles volven ano tras ano á Festa do Xamón da Cañiza na busca dese sabor de antano.

Foron tantos os visitantes que a organización calcula superar as dez mil racións de carne do ano pasado en diversas preparacións: xamón asado, curado, en tortilla, en empanada e, como novidade deste ano,  as croquetas de xamón.

Para que ninguén quedase sen el, aí estaban os 8 cortadores profesionais do IX Concurso Nacional, coa novidade do premio ao mellor de Galicia, cun nivel altísimo segundo a organización.

Para ser un bo cortador din que cómpre ter paciencia e dedicarlle moitas horas.

Un xamón cortado a coitelo na medida xusta é unha exquisitez. Pero cal é a perfección? Dínolo Víctor Burgos, organizador do concurso.

"O lisco perfecto é o ancho da peza do xamón e entre 3,5-4 cms porque así o lisco queda cubrindo toda a lingua e cómpre non mastigar ata que se quece o touciño, para quitarlle todo o sabor".

Roberto Domínguez, cortador de xamón de Ponteareas, chámalle a iso:

"Tamaño tarxeta é o lisco perfecto"

En Tarragona deron cun xamón fosilizado de case dous mil anos. Non teñan coidado. Os da festa da Cañiza non chegan, seguramente, nin ao venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar