Evacúan vinte persoas de seis casas de Paiporta por risco de derruba
Os evacuados serán acollidos temporalmente por familiares mentres os bombeiros inspeccionan o estado dos alicerces das vivendas
Os bombeiros desaloxaron por risco de derruba seis casas de Paiporta, as máis próximas ao barranco que se desbordou durante a DINA. Os vinte veciños evacuados serán acollidos temporalmente por familiares mentres os bombeiros inspeccionan o estado dos cimentos dos edificios.
Os desaloxados residían en seis casas situadas nas proximidades do barranco do Poio, que se desbordou durante a DINA arrasando Paiporta.
A decisión de desaloxalos tomouse para evitar riscos mentres os bombeiros inspeccionan o estado en que quedaron os cimentos dos edificios despois da riada.
Nesta mesma zona, a auga derruíu varias casas, que permanecen precintadas pola policía.
Segundo informou o servizo de Emerxencias da Generalitat, os vinte desaloxados serán acollidos temporalmente por familiares.
Situada na chamada zona cero, Paiporta é unha das localidades valencianas máis afectadas polas inundacións da semana pasada.
Os traballos de limpeza continúan a bo ritmo e as brigadas afánase agora en retirar o lixo acumulado nas rúas e en reparar os sumidoiros.