Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguridade Nacional atribúe a Rusia campañas de desinformación durante a dina

Seguridade Nacional atribúe a Rusia campañas de desinformación durante a dina

No seu informe do ano 2024, remitido ao Congreso, sinala o "ecosistema de propaganda e desinformación pro Kremlin" como responsable de "amplificar narrativas desinformativas", promover a desconfianza nas institucións públicas e proxectar unha imaxe de país sumido no caos

Coches amoreados nunha rúa de Aldaia arrastrados pola ríada (Europa Press/Rober Solsona) Coches amoreados nunha rúa de Aldaia arrastrados pola ríada (Europa Press/Rober Solsona)
EFE 22/05/2025 10:56

Un informe de Seguridade Nacional sinala a Rusia como a responsable de "amplificar narrativas desinformativas" durante a catástrofe da dina, así como de promover a desconfianza nas institucións públicas e proxectar unha imaxe de país sumido no caos.

Así o sinala este informe correspondente ao ano 2024 e remitido ao Congreso, ao que tivo acceso EFE, e no que apunta ao "ecosistema de propaganda e desinformación pro Kremlin" que, "con carácter oportunista" amplificou e adaptou narrativas desinformativas preexistentes no seu beneficio.

Os actores prorrusos, indica, focalizáronse en promover a desconfianza cidadá nas institucións públicas, en deslexitimar o apoio a Ucraína baixo pretexto da necesidade real de axuda ás zonas afectadas pola dina e en proxectar unha imaxe de país sumido no caos.

O informe advirte de que a desinformación rusa experimentou cambios "relevantes" por mor da guerra. Antes da invasión, a difusión destas narrativas desenvolvíanse maioritariamente a través das axencias e medios estatais rusos.

Desde o inicio do conflito fai máis de tres anos, o Kremlin evolucionou este modelo co obxectivo de sortear o efecto das sancións da UE e de lograr unha maior penetración destas campañas.

Así, Seguridade Nacional sostén que o modus operandi da desinformación rusa é "máis sofisticado" e resulta máis difícil chegar á orixe da mesma ao empregar "actores e organizacións desvinculados que operan en infraestruturas múltiples, especificamente creadas e que funcionan de forma independente".

Neste novo panorama, o informe constata que Rusia optou por dar prioridade as campañas en redes sociais, en cuxo desenvolvemento e difusión cobrou especial importancia o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial, o que supuxo "un salto cualitativo e cuantitativo na difusión da desinformación masiva e case instantánea de contido desinformativo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade