Evacuado con feridas graves un peregrino tras ser atropelado en Palas de Rei
Foi trasladado en helicóptero ata o hospital Universitario Lucus Augusti
O peregrino, natural de Aragón, circulaba en bicicleta pola estrada N-547
O condutor do vehículo, que circulaba só, resultou ileso
Un peregrino que circulaba en bicicleta quedou ferido de gravidade tras ser atropelado en Palas de Rei.
O accidente produciuse este domingo pouco despois das tres da tarde. O peregrino, natural de Aragón, circulaba en bicicleta pola estrada N-547 cando foi atropelado por un vehículo á altura da vila luguesa de Palas de Rei.
Tras o forte impacto o home sufriu feridas de gravidade e tivo que ser trasladado primeiro en ambulancia ata o campo de fútbol municipal Os Chacotes, en Palas, para despois desde alí ser evacuado en helicóptero ata o hospital Universitario Lucus Augusti.
O condutor do vehículo, que circulaba só, resultou ileso.
