Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuadas dúas persoas por un incendio nun piso dun edificio de seis andares en Vilagarcía

ÚLTIMA HORA

Evacuadas dúas persoas por un incendio nun piso dun edificio de seis andares en Vilagarcía

Os bombeiros de Vilagarcía sufocaron o lume que afectou ao primeiro andar

O edificio está situado na rúa San Roque 

Emerxencias de Vilagarcía de Arousa Emerxencias de Vilagarcía de Arousa
G24.gal 24/02/2026 05:39 Última actualización 24/02/2026 08:55

Os bombeiros sufocaron un incendio no interior dunha vivenda en Vilagarcía de Arousa. Sucedeu ás 03:45 horas deste martes no número catro da rúa San Roque. Foi un particular o que alertou do sucedido e afirmou que se atopaba no balcón.

O lume iniciouse na entrada da vivenda, ardeu o cadro eléctrico e diversos mobles e por iso a persoa se refuxiou no balcón. Tivo que ser evacuada e foi trasladada ata o hospital do Salnés por inhalación de fume.

Unha vez chega a dotación atopan unha muller pedindo auxilio desde unha terraza da cal sae gran cantidade de gases. De inmediato, facendo uso do camión autoescalera do servizo procedeuse ao rescate desta muller e foi evacuada pola fachada. Tamén foi evacuada polo interior do edificio outra persoa dun sexto piso.

O lume produciu unha importante cantidade de gases, que se estenderon por todo o piso e polas escaleiras do edifcio. O corredor da vivenda quedou moi afectado por lume directo, producindo descorchamentos no revestimento das paredes.

Debido á cantidade de gases acumulados (tóxicos e nula visibilidade) optouse polo confinamento dos demais ocupantes do edificio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade