Rescatan o corpo sen vida dun home nun monte de Caldas de Reis
O home falecid foi atopado por unha persoa que o acompañaba e trataba de localizalo, explicou escuetamente o 112 Galicia na súa conta na rede X
O cadáver atopábase nunha devasa, nunha zona de difícil acceso, o cal dificultou os traballos de rescate, que concluíron pasada a unha da madrugada
S.F.F Europa Press-Arquivo
Un home de 50 anos foi achado morto porun familiar nunha zona de monte de difícil acceso de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra, informou o 112 de Galicia. Foi un familiar quen o atopo tras non volver a casa.
🔴 #AXEGAInforma do achado dun home falecido nunha zona de monte de difícil acceso en Caldas de Reis.
— 112 Galicia (@112Galicia) February 23, 2026
📍 Parroquia de Saiar.
➡️ Realizaba unha ruta e un compañeiro localizouno tras saír na súa procura.
➡️ Os servizos de emerxencias traballan no rescate do home.
(1/2) pic.twitter.com/qZYtIaLDOS
O 112 mobilizou a Garda Civil e a Policía Local de Caldas, os bombeiros de Vilgarrcía e voluntarios de Portección Civil de Cuntis. O cadáver atopábase nunha devasa, nunha zona de difícil acceso, o cal dificultou os traballos de rescate, que concluíron pasada a unha da madrugada.