Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan os cadáveres dunha parella con signos de violencia na localidade madrileña de Alpedrete

Atopan os cadáveres dunha parella con signos de violencia na localidade madrileña de Alpedrete

O fillo atopou os corpos das vítimas en cuartos diferentes

Os corpos tiñan signos de violencia producidos por arma branca 

Non había denuncias previas, nin estaban no sistema VioXén

G24.gal 15/11/2025 15:29 Última actualización 15/11/2025 17:49

Un equipo médico do Summa 112 atopou un home e unha muller, ambos de 60 anos, falecidos con signos visibles de violencia, producidos por arma branca, nun chalé situado na localidade madrileña de Alpedrete. A chamada alertando do ocorrido tivo lugar ás 12:00 do mediodía.

O home e a muller eran parella, segundo fontes próximas á investigación. Non había denuncias previas, nin estaban en VioXén, o sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero de España, indicaron a EFE as mesmas fontes.

O fillo atopou os corpos das vítimas en cuartos diferentes. Tras o achado, quedou en estado de shock.

O marido tiña antecedentes psiquiátricos por intentos autolíticos e depresión. 

Xa finalizou o levantamento dos corpos que foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade