Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa celebra a súa diversidade idiomática no día das linguas

Europa celebra a súa diversidade idiomática no día das linguas

A Xunta pon o foco no Camiño como referente de riqueza e intercambio lingüístico

Unha xornada para celebrar, protexer e fomentar as 200 linguas do continente europeo

 

G24.gal 26/09/2022 15:12

Se hai un lugar para escoitar e practicar idiomas, ese é o Camiño de Santiago. Chegados de todo o mundo os peregrinos coñecen paisaxes, proban a gastronomía e póñense en contacto co noso maior patrimonio, a lingua do país. 

"A lingua é un atractivo, un motivo de visita, unha forma de que nos coñezan mellor e unha oportunidade para que internacionalizar, dar visibilidade e prestixiar o galego", di Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

No Día Europeo das Linguas, a Xunta apunta o valor do Camiño como fenómeno políglota por excelencia e convida a protexer e fomentar o galego, sobre todo alí onde máis se está a perder.

"Temos unha materia pendente, os mozos de contornos máis urbanos e os contextos dixitais, hai déficit de uso", explica Valentín García. 

Un día para a homenaxe e a reivindicación do galego, e das máis de 200 linguas que conviven no continente europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade