Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estreitan o cerco sobre o mozo que acoitelou outro en Santiago

Estreitan o cerco sobre o mozo que acoitelou outro en Santiago

A Policía Nacional informa de que a investigación está aberta e que a detención do agresor está próxima

G24.gal 24/11/2025 14:35

Os equipos sanitarios e Policía Nacional auxiliaron en Santiago de Compostela un mozo adolescente ferido de dúas coiteladas. Segundo fontes da investigación, o acoitelamento produciríase nas inmediacións da igrexa de Santa Susana, no parque da Alameda compostelá.

O acoitelamento tivo lugar logo de que, presuntamente, o ferido molestase ou se metera coa moza do autor dos feitos. Iniciaron unha lea en que este sacou unha arma branca e lle meteu ao outro dúas coiteladas no abdome. Inmediatamente despois escapou.

Segundo informan as mesmas fontes da investigación, a vítima, coa axuda de amigos, foi refuxiarse para pedir auxilio cerca da estatua das Dúas Marías, a onde se desprazaron con premura os equipos de emerxencias.

O mozo foi trasladado ao hospital Clínico de Santiago e está fóra de perigo. A Policía Nacional tamén informou de que a investigación está aberta e enfocada. É moi probable que o agresor, tamén adolescente, sexa detido nas próximas horas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade