Estrea da nova banda de rock do Conservatorio de Música de Ourense
A Wind Rock Band está formada por 50 músicos, a maioría alumnos do conservatorio con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos
Mesturan instrumentos propios dunha banda de rock cos das bandas tradicionais para interpretar pezas míticas de Queen, Metálica, Deep Purple ou Miguel Ríos
Naceu co obxectivo de dar visibilidade ao traballo que se realiza no conservatorio e ao mesmo tempo revitalizar as bandas de música.
Wind Rock Band mestura instrumentos de vento e percusión habituais nunha sinfónica con outros como a guitarra e o baixo eléctricos ou o teclado, característicos dos grupos de rock.
Dan vida a temas míticos da historia da música de bandas como Deep Purple, Pink Floyd, Queen ou Metallica que tiveron que ser adaptados a participación de instrumentos como o fagot ou o clarinete.
O seu primeiro concerto foi no Teatro Principal de Ourense pero xa teñen máis actuacións programadas.