Cargando resultados...
'A derradeira leición do mestre' pode verse xa no Museo de Pontevedra
O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura participaron na inauguración da exposición
'A derradeira leición do mestre', de Castelao, volve a Galicia para ser exposta en Pontevedra
G24.gal
25/06/2026 22:03
O Museo de Pontevedra inaugurou este xoves a exposición 'A derradeira leición do mestre', de Castelao.
O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura participaron no acto.
O óleo é unha das obras máis icónicas de Rodríguez Castelao e regresa a Galicia por segunda vez, cedido polo Centro Galego de Bos Aires, onde se conserva dende que o artista o pintou no 1945.
O cadro representa o fusilamento de Alexandre Bóveda, amigo persoal de Castelao.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 27 de setembro.